jueves, 27 de junio de 2013

PROPOSTAS PARA ALUMNOS DE CAV DE CREA

A CREA, a Asociación de Directores e Realizadores de Galicia comenzou a andar hai pouco co obxectivo de achegar unha mellor oferta de formación continuada aos profesionais do sector da dirección e realización audiovisual en Galicia.

O primeiro dos seminarios que van a organizar é unha masterclass de Ferrán Piquer, un dos mellores supervisores de FX Visuais do país, o 1 de xullo na sede da SGAE de Santiago.
Con esta actividade inaugúrase o AULACREA. Trátase de seminarios e cursos puntuais impartidos por profesionais de primeiro nivel estatal dirixidos a socios, traballadores e estudantes do sector.


En breve iniciarase LABORATORIO CREA a partir de setembro. Consiste nun catálogo de seminarios formativos especializados desenvolvidos por socios de CREA para estudantes e profesionais do sector.

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada