miércoles, 4 de noviembre de 2015

Galicia CREA A MÚSICA QUE SE VE

Ola Oswaldo

Envíámosvos información dunha actividade chamada A MÚSICA QUE SE VE, que desenvolveremos o vindeiro 14 de novembro na sede da SGAE en Santiago.
Trátase dun encontro entre compositores audiovisuais dirixido a poñer en contacto a súa obra con outros creadores (directores, guionistas, produtores).
A xornada componse dunha serie de paneis nos que intervirán os compositores máis destacados do panorama audiovisual galego actual e dun espazo de encontro para reunións individuais entre os compositores, directores, guionistas e produtores asistentes.
Toda a info e o formulario de inscrición na seguinte ligazón:
 
http://galiciacrea.org/actividades/a-musica-que-se-ve/

viernes, 25 de septiembre de 2015

TFG convocatoria de outubro

Apróbanse     as     datas     de     defensa     do     Traballo     de     Fin     de     Grado     en

Comunicación    Audiovisual.    Entrega:    23    de    outubro    e  Defensa:    4    de    novembro.

Foro Academia aberta 2015


O deseñador de produción Juan Pedro de Gaspar ("Green zone" de Paul Greengrass, "Zipi y Zape" de Óscar Santos, "También la lluvia" de Icíar Bollaín", "Extinction" de Miguel Ángel Vivas, ou "Black Thorn" de Mateo Gil, pola que conseguíu un Goya) será o encargado de abrir as xornadas falando cos asistentes dos cambios e adaptación do departamento de dirección artística coa chegada dos VFX. O venres será a quenda de Isidro Jiménez ("Ma ma" de J. Medem, "Cien años de perdón" de D. Calparsoro, "Los últimos días" de Alex Pastor ou "O Descoñecido", entre outras moitas), supervisor e coordinador efectos dixitais que nos achegará a este departamento poñendo exemplos dos seus traballos.



Segue as Xornadas do Foro Academia aberta na súa web

https://www.academiagalegadoaudiovisual.gal/portfolio-item/foro-academia-aberta-2015/

TFG: Publicadas asignación de liñas temáticas